Entradas

BENVID@S A eScapatIG!

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIAS! BENVIDOS/AS A ESTE ESPAZO NO QUE IMOS APRENDER E PASÁRNOLO MOI BEN! PARA PODER ENTRETERNOS ESTES DÍAS, E COMO SABEMOS QUE SODES MOI LISTOS/AS, ÍMOSVOS PROPOÑER ALGO... PARTICIPAR NUNHA ESCAPE ROOM !!! E QUE É ISO PREGUNTARÉDESVOS? POIS COMO O SEU PROPIO NOME INDICA CONSISTE EN ESCAPAR DUNHA HABITACIÓN, PERO PARA PODER FACELO HAI QUE SUPERAR UNS RETOS... SEREDES CAPACES? NESTE CASO, COMO TEMOS QUE ESTAR CADA UN/HA NA SÚA CASA É POLO QUE A HABITACIÓN DA QUE TEREDES QUE ESCAPAR PARA DESCUBRIR UNA GRAN SORPRESA SERÁ ESTE BLOGUE. COMEZAMOS PRONTO, ANIMÁDESVOS ? 

ANTES DE COMEZAR...

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIAS! ANTES DE COMEZAR CO ESCAPE ROOM DEBEDES SABER ALGUNHAS COUSAS... OS DESAFÍOS QUE TEREDES QUE SUPERAR AMOSARANSE DUN EN UN E CANDO SE PROPOÑA UN RETO TEREDES QUE CONSEGUIR RESOLVELO Ó LONGO DAS SEGUINTES 24 HORAS !!! SE O CONSEGUIDES ENVIADE UNHA IMAXE OU UN VÍDEO QUE O DEMOSTRE Á TITORA OU Ó SEGUINTE ENDEREZO " mariaoliva.senra@rai.usc.es" SE SUPERADES O RETO, ENVIARÁSEVOS UN NÚMERO DE FORMA INDIVIDUAL QUE NECESITAREDES Ó FINAL PARA PODER ABRIR UN CANDEADO E SAÍR DA HABITACIÓN. PERO... QUE ACONTECE SE NON CONSEGUIDES RESOLVER ALGÚN DOS RETOS? NON VOS PREOCUPEDES!!! PORQUE Ó FINAL PODEREDES EMPREGAR UN COMODÍN QUE VOS PERMITIRÁ OBTER O NÚMERO DUN RETO NON SUPERADO. PERO OLLO! SÓ TEREDES UN, ASÍ QUE UTILIZÁDEO BEN. COMEZAMOS O 5 DE MAIO, MOITA SORTE A TOD@S!

1ª eScapatIG... QUEN PODE VENCER O VENTO?

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIAS! COÑECEDES O CONTO QUEN PODE VENCER O VENTO? DE CHARO PITA E MARION ARBONA? SE NON O COÑECEDES OU QUERÉDELO VOLVER A ESCOITAR PODEDES FACELO PINCHANDO AQUÍ ABAIXO. OH, NON! SABEDES QUE? TODOS ANIMAIS DESAPARECERON DO CONTO!!! AGORA AS PERSOAS DO POBOADO NECESITAN A VOSA AXUDA PARA CONSEGUIR ENCONTRALOS E PODER FACER QUE CHOVA DE NOVO SOBRE OS SEUS CULTIVOS.                 QUEREDES AXUDALOS?

1º RETO! AS TENDAS DE CAMPAÑA

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIA! CANDO DESAPARECERON OS ANIMAIS, TAMÉN O FIXERON AS CASAS DAS PERSOAS DO POBOADO E AGORA NON TEÑEN ONDE VIVIR!!! NECESITAN A VOSA AXUDA PARA MONTAR AS TENDAS DE CAMPAÑA ONDE PODER DURMIR MENTRES CONSTRÚEN DE NOVO AS SÚAS CASAS!!  CREDES QUE SEREDES CAPAZ DE AXUDALOS? PERO ANTES DE COMEZAR CO RETO... A QUE FIGURA XEOMÉTRICA  RECÓRDANVOS AS TENDAS DE CAMPAÑA?   SE QUEREDES SABER UN POUCO MÁIS SOBRE ESTA  FIGURA XEOMÉTRICA  PODEDES ESCANEAR OU PREMER SOBRE ESTES CÓDIGOS... A ONDE VOS LEVARÁN?                                               AGORA SI!!! COMEZA O PRIMEIRO DESAFÍO ... MOITA SORTE A TOD@S!!!

2º RETO! ENCONTRA ÓS ANIMAIS

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIA! MOI BEN! AGORA QUE XA AXUDÁSTEDES AS PERSOAS DO POBOADO A MONTAR AS TENDAS DE CAMPAÑA TEREDES QUE ENCONTRAR OS ANIMAIS DO CONTO. ATOPAREDELOS A TODOS? AQUÍ VAI O SEGUNDO DESAFÍO!!! PARA PODER SUPERAR ESTE RETO PODEDES ESCANEAR OU PREMER SOBRE O SEGUINTE  CÓDIGO,  OU EMPREGAR O TANGRAM DA IMAXE...                                         TAMÉN PRECISAREDES ESTAS PLANTILLAS PARA PODER ATOPAR OS ANIMAIS!!!             MOITA SORTE A TOD@S!!!                             

3º RETO! O NÚMERO DE CADA ANIMAL

Imagen
QUE BEN!!! XA APARECERON TODOS OS ANIMAIS, PERO HAI UN PROBLEMA... POLO CAMIÑO PERDERON O SEUS NÚMEROS E ESTÁN TAN TRISTES QUE NON TEÑEN GANAS NIN DE CHAMAR POLA CHUVIA. POR ISO PRECISAN DA VOSA AXUDA!!! PODEREDES ATOPAR CAL É O NÚMERO DE CADA ANIMAL? COMEZA O TERCEIRO DESAFÍO!!! ESTA É A FICHA QUE PRECISAREDES PARA PODER SUPERAR O RETO... ESTES  CÓDIGOS  ESCONDEN ALGO... QUE SERÁ? (PODEDES ESCANEALOS OU PREMER SOBRE ELES)      MOITA SORTE A TOD@S!!!

4º RETO! QUE CHOVA, QUE CHOVA!

Imagen
XA NON QUEDA CASE NADA!!! DESPOIS DE MONTAR AS TENDAS DE CAMPAÑA E DE ATOPAR OS ANIMAIS E OS SEUS NÚMEROS SÓ FAI FALTA CONSEGUIR QUE CHOVA PARA QUE OS CULTIVOS POIDAN MEDRAR. TODO O POBOADO NECESITA DE NOVO A VOSA AXUDA!!  ELES SOS NON SON CAPACES DE CONSEGUILO. ACEPTADES O RETO? AQUÍ ESTÁ O CUARTO DESAFÍO!!! ESTA É A PARTITURA QUE NECESITAREDES PARA PODER SUPERAR O RETO... QUE SORPRESAS ESCONDERÁN   ESTES CÓDIGOS AGORA? (PODEDES ESCANEALOS OU PREMER SOBRE ELES)       MOITA SORTE A TOD@S!

NORABOA!!!

Imagen
OLA NENAS, NENOS E FAMILIAS! SE CHEGÁSTEDES ATA AQUÍ É QUE FUCHEDES CAPACES DE CONSEGUIR SUPERAR OS RETOS E FACER QUE CHOVERA SOBRE OS CULTIVOS DO POBOADO!!! ISTO SIGNIFICA QUE XA TEREDES OS CATRO NÚMEROS QUE VOS PERMITIRÁN DESBLOQUEAR O CANDEADO , SAÍR DA HABITACIÓN E DESCUBRIR A GRAN SORPRESA!!! AGORA, O ÚNICO QUE TENDES QUE FACER É ESCANEAR OU CLICAR SOBRE CÓDIGO DE ABAIXO, INTRODUCIR OS NÚMEROS QUE OBTIVECHEDES Ó LONGO DOS DESAFÍOS E DESFRUTAR DO PREMIO. ESPERAMOS QUE VOS GUSTASE ESTA EXPERIENCIA TANTO COMA A NÓS!!! PERO AÍNDA NON REMATAMOS... ESTADES PREPARAD@S PARA CELEBRAR QUE CONSEGUÍCHEDES QUE CHOVERA SOBRE OS CULTIVOS DO POBOADO? PARA ISO TENDES QUE  ESCANEAR OU PREMER SOBRE OS CÓDIGOS DE ABAIXO E..  A BAILAR FAMILIAS!!! UN BIQUIÑO E NORABOA A TOD@S!!!  SODES INCRÍBLES!!!